Basket Cup
 
 
 
 
PECHADO O PLAZO DE INSCRIPCION NO 1º TURNO DA VILAGARCIA BASKET CAMP 08
  
O éxito tamén alcanza a segunda segunda do camp, que xa ten superado o 50% das prazas ofertadas, batendo unha nova marca histórica no campamento de verán
 
A organización da Vilagarcia Basket Camp, na súa quinta edición está a superar tódolos topes previos nos anteriores catro anos de orgañización. A falta de un mes e medio para o inicio do primeiro turno do camp, o Club Baloncesto Vilagarcía quere notificar que debe pechar o prazo de inscripción aos rapaces, debido a que xa se cubriron as prazas ofertadas.
Serán un total de 135 rapaces os que no primeiro turno estén en Vilagarcía entre o domingo 29 de xuño e o sábado 5 de xullo compartindo as súas experiencias con dous xogadores de máximo nivel, Carlos Suárez e Marcelo Nicola., que serán as estrelas inivitadas para ese turno.
Dende a creación da Basket Camp, nunca con 40 días de antelación, a orgañización tivo unha avalancha tan grande de inscripcións. Debido ao éxito dos anos anteriores, tomouse a decisión de cambia-lo formato do camp, dunha a dúas semanas para poder ofrecer posibilidades a tódolos rápaces que queren formar parte do camp. Recordar que na edición do ano 2007, o CB Vilagarcía viuse obrigado a pecha-lo prazo de inscripción con 15 días de antelación ao inicio.
Neste caso, tomouse a decisión de facer dous turnos e o primeiro xa ten pechado o seu prazo. A orgañización quere confirmar de forma oficial e pública que todos aqueles rapaces que fixeran ata o venres 16 de maio a súa inscripción teñen plaza garantizada no primeiro turno do camp.
A partir do luns 19 de maio, as persoas que desexen formar parte da gran festa do basket que é a Vilagarcía Basket Camp, tan só poderán face-lo dentro do segundo turno, que se desenrolará entre o domingo 6 e o sábado 12 de xullo.
Confirmada a presencia de Marcelo Nicola a orgañización segue traballando na presencia tamén doutro segundo xogador para esa segunda semana do camp, que engade a gran atracción deste ano que é a combinación do inglés co basket.
Gracias ao acordo coa Universidade de Vigo, os rapaces deste segundo turno terán unha clase diaria de inglés e un adestramento levado co vocabulario de inglés no basket.
A día de hoxe, están xa cubertas mais do 50% das prazas deste segundo turno, e pola experiencia dos anos anteriores, a orgañización pensa que durante os primeiros días de xuño tamén terá que pecha-la inscripción de forma previa a prevista na folla de inscripción.
O Club Baloncesto Vilagarcía quere agradecer o apoio continuo que está a recibir por parte de todos a cada unha das súas iniciativas e propostas.
 
 
 
Volver a la Sección Noticias BasketCamp