Os finalistas do ano 2006, última edición celebrada en Fontecarmoa, estarán novamente en Vilagarcía, tratando de levar o trofeo as súas vitrinas.
A organización da Vilagarcía Basket Cup confirma a presencia dos dous primeiros participantes no campionato. A millor escola europea de formación de xogadores no Noreste de Europa, o Zalgiris Kaunas, catro veces vencedor do torneo, voltará a capital Arousá, para tratar de reverdecer laureles.
Os lituanos, un auténtico clásico en Vilagarcía, con moitísimos adeptos e que o público sempre apoia e agradece a súa presencia, participarán na Basket Cup tras conquistar o primeiro torneo da Euroliga, nun campionato disputado en Roma, fai un par de meses. A súa presencia en Arousa, será como caseque sempre, a única comparerencia do gran campión do Este en España. A organización está a tratar que a súa nova estrela, o croata Mario Delas (auténtico protagonista no equipo absoluto actualmente) poda tamén vir a Vilagarcía e seguir a estela do serbio Vladimir Stimac, último MVP do conxunto lituano alá polo ano 2006, cando a Árbore Alegórica marchou cara a Lituania.
Xunto os lituanos, por terceira vez na historia do torneo, o Asefa Estudiantes, nova denominación do equipo madrileño, estará en Vilagarcía. A canteira do Estudiantes é una das máis prolíficas do panorama español e tentará gañar por primeira vez na sua andaina. A última vez que compareceu no torneo, foi no ano 2006, no derradeiro campionato en Fontecarmoa perdendo a final contra o Zalgiris Kaunas. O equipo de Madrid, é de largo, un dous equipos mais queridos no panorama nacional e plantea acudir a Vilagarcía, como o torneo máis importante da súa tempada para os xogadores entre 20 e 22 anos.