Basket Cup
 
 
 
 
 
PRESENTAMOS LA VILAGARCIA BASKET CUP BASE FUTURE STARS

Nos próximos días faremos unha nova sección nesta web para o que é a nova incorporación o torneo, VILAGARCIA BASKET CUP BASE FUTURE STARS

Sempre creando novos atractivos para todos os que disfrutamos do basket como o noso deporte favorito, a organización da Vilagarcía Basket Cup, crea un novo torneo paralelo, a VBC Future Stars. Este campeonato, celebrarase de forma paralela o VBCup e o VBCup Base, para as categorías infantil, cadete e xúnior tanto masculino como femenino. O torneo ten un carácter competitivo, e basease na creación de grupos de 8 equipos por categoría. Cada competición terá a presencia de 8 equipos,
divididos en dous grupos de 4 conxuntos. O sistema será idéntico a VBCup, cun Round Robin (todos contra todos) durante os dous primeiros días de competición (1 e 2 de abril). A xornada do 3 de abril servirá para os cruces directos entre os dous grupos da mesma categoría e sexo.

A organización tentará crear un torneo co millor nivel competitivo posible, convidando aos equipos de Galicia, Portugal e de outras comunidades nacionais, a que participen neste novo impulso o proxecto Vilagarcía Basket Cup. Confiamos en que o longo dos próximos 15 días, teñamos pechada xa a participación neste torneo dos 48 equipos previstos. Tamén, indicar, que si nalgunha categoría non se xuntan 8 equipos co nivel suficiente, pensaremos en modificar o formato do torneo nesa etapa.

  
 
 
 
Volver a la Sección Noticias BasketCup
xunta

Sígenos en Facebook